NovasIr a esta sección

Hoxe recepcionouse a Fase I do proxecto de Urbanización do Vieiro
Data de publicación: 20 de xullo de 2021

Promovido pola Sociedade Inmovieiro SL da Cañiza.

Nesta 1ª Fase se desarrollaron 20.534 m2 de urbanización un 34,3% do Plan que permitirá poñer á venda 3 das 6 parcelas edificables.   

Esta fase é unha das tres que integran o plan de sectorización 2012 de promoción privada do Vieiro e que contempla a urbanización de 59.898,28 m2.

 A urbanización atópase situada nun enclave privilexiado, a menos de 200 m do acceso a Autovía A52 Rías Baixas con conexión a Vigo e Ourense e a menos de 500 m. do casco urbano da Cañiza. Conta con 4 viais e conecta directamente coa estrada provincial 5005 pola zona sureste.

PARA O DESENVOLVEMENTO DESTE PLAN QUE CONTA CON 8 PARCELAS, A EMPRESA TEN QUE CEDER DÚAS AO CONCELLO: UNHA POR CESIÓN OBRIGATORIA E OUTRA PARA EQUIPAMENTO PÚBLICO.

 

·      Unha vez recepcionada esta I fase comezarase a execución da II cun desarrollo de 23.496,52 m2 e a continuación coa III fase ata completar os case 60.000 m2 do Plan de sectorización.

 

·      O Proxecto de urbanización está redactado polo  arquitecto Pedro de la Puente e a súa execución por contrata ascende, unha vez rematada a totalidade das obras a 1.533.595,11 €.

 

Hoxe o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado dun técnico da Deputación Provincial e do Técnico de Urbanismo do Concello, recepcionou esta 1ª Fase do Plan de Sectorización  2012 de promoción privada do Vieiro.

Esta Iª fase cun investimento de 481.996,54 €, desarrollou 20.534, 92 m2 do proxecto, é dicir, o 34,3% da obra total, permitindo xa que se poidera edificar na parcela 1, a 2 e casi na totalidade da 4.

Pavimentouse a totalidad o estacionamento así como os primeiros 156,09 m. do vial 1 e 81,44 m. do vial 2, ademáis de desbrozar o terreo e executar o rasanteo da explanada, Finalmente construíronse dúas rotondas para asegurar a funcionalidade desta Fase. A primeira rotonda cun radio total de 8 m e a segunda de 9,5 m.

Construíronse os drenaxes e saneamentos necesarios, executáronse sumidoiros, pozos, colectores, redes separativas de pluviais e saneamento.  Tamén os regos e abastecementos e rede eléctrica e alumeado público así como todo o sistema de telecomunicacións.

A partires deste momento xa se pode comenzar co desarrollo dos 23.496,52 m2 da II Fase tamén cun prazo de execución de 12 meses e que supón  o 39,2 % da obra total, permitindo que xa se poida urbanizar na parcela 1, na 6, gran parte da parcela 5 e na metade da 7 ( esta última destinada a dotación pública).

Na II fase cun investimento de 429.701,43 € pavimentarase o resto do vial 1, a totalidade da rotonda, os primeiros 86,17 m  do vial 3 así como os primeros 69,64 m do vial 4.  Na parte de servizos tamén se desenvolverán as correspondentes obras de saneamentos, abastecementos, rede eléctrica e alumeado público e telecomunicacións.

Xa na execución da Fase III, tamén con 12 meses de prazo, desenvolvéranse os 15.866,84 m2  finais, o 26,5% da obra total, poidendo ser urbanizadas todas as parcelas e cun investimento de 621.897,14.

compartir

axenda