NovasIr a esta sección

Hoxe inaugurouse o Parque Central da Cañiza
Data de publicación: 07 de abril de 2021

O parque que segue o modelo de espazos públicos da Deputación, ábrese como un lugar de convivencia e lecer, cun diseño amable para o disfrute de todos os cañicenses e visitantes.

A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, CARMELA SILVA E O ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS PIÑA, INAUGURARON HOXE O PARQUE CENTRAL DA CAÑIZA, NUN ACTO NO QUE TAMÉN ESTIVERON PRESENTES O DEPUTADO PROVINCIAL HÉCTOR SANTOS E OS CONCELLEIROS DA CORPORACIÓN.

 

 

  • A construcción e urbanización do parque estivo subvencionada ao 100% polos Plans Reequilibrio e Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cunha aportación en diferentes anualidades de  415.362,70€.

 

  • No acto desta mañá o Alcalde agradeceu aos propietarios do parque a predisposición á hora de iniciar o proceso de expropiación das parcelas.

 

  • Luis Piña tamén quixo facer un xesto especial hacia Dona Inocencia Pérez Gregorio, títular dun dos terrenos que por un error de cálculo non se incluiu na parcelación inicial, producíndose por parte do Concello unha invasión indebida. En varias reunións mantidas entre o Alcalde Luis Piña e a propietaria conseguiuse que  a titular donase gratuitamente 150 m2 de parcela.  Por iso dende o Concello  e en nome dos cañicenses quíxose agradecer públicamente este xesto entrañable e lamentar o falecemento de dona Inocencia o pasado 15 de xaneiro debido á enfermidade da COVID-19.

 

  • O Alcalde tamén agradeceu á Presidenta da Deputación Provincial pola financiación conseguida para poder executar as obras de construcción e urbanización, xa que sin os Plans Reequilibrio e Plan Concellos non sería posible acometer esta obra nin outras melloras en todo o noso territorio. Dende o ano 2015 o Concello recibiu do Organismo Provincial case 7 millóns de €uros (6.840.809€). É o maior investimento neste concello na historia da Deputación.

 

  • Para rematar o Alcalde apelou á responsabilidade de todos os usuarios do parque á hora de respetar as medidas de prevención para evitar os contaxios por Covid, xa que se aumentan os casos o Concello verase obrigado a volver a pechar a instalación.

 

Hoxe visitou A Cañiza a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen despois de achegarse ata a Casa Consistorial  trasladouse, acompañada do Alcalde Luis Piña, do Deputado provincial Héctor Santos e de Concelleiros da Corporación ata as instalacións do Parque Central para inaugurar a instalación, cuxas obras de construcción estiveron subvencionadas ao 100% por distintas axudas do Organismo Provincial. O Concello tivo que asumir un sobrecoste  da obra de urbanización de 23.723,40€

 

 

O parque abriuse ao público o pasado 30 de marzo, despois de que o Alcalde da Cañiza consultara na reunión do Comité local COVID-19 celebrado o 29 de marzo sobre a situación da enfermidade na localidade. O parque permanecerá aberto sempre e cando se cumpran coas medidas de prevención previstas e non aumenten os casos. O Alcalde apelou en todo momento á responsabilidade de todos no cumprimento das normas de prevención.

 

O parque permaneceu pechado porque non contaba cun elemento de seguridade por mor da altura que acadou un dos extremos da instalación que ofrecía perigo para os usuarios. Por este motivo, foi necesario realizar un replanteo final e  modificar o proxecto para correxir este risco.  A solución foi instalar 61 m.l. de varanda en todo o perímetro para evitar caídas e asegurar o parque. As obras remataron o pasado 17 de decembro.

A construcción do parque costou 439.086,10 €uros aos que hai que engadir 67.522,00 do pago de expropiacións dos terreos e 15.794,00 de redacción do proxecto. Un total de 522.402,21 €

 

Para a obra de urbanización a Deputación Provincial aportou 415.362,70€ no marco do Plan Concellos  2017, 2018  e  2019 e do Plan Reequilibrio que ten como obxectivo principal compensar o déficit inversor da Deputación de Pontevedra no Concello.

 

Por outra banda, o Consistorio tivo que asumir o pago con recursos propios da expropiación, do coste do proxecto e dun sobrecoste da obra de urbanización de 23.723,40€

 

FASES DE FINANCIACIÓN:

 

A urbanización deste céntrico Parque foi subvencionado  en 415.362,70€ pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 

 A colaboración iniciase o 28 de decembro de 2017 coa sinatura entre as dúas entidades dun Convenio polo que a Deputación se compromete a subvencionar a execución do proxecto “Urbanización do Parque Central do Concello da Cañiza”.  Esta colaboración formalízase coa sinatura, o  22 de xaneiro de 2018, dun 2º Convenio do Plan Reequilibrio por un importe de 306.573,72 €.

 

Nese mesmo ano a Deputación concede ao Concello outras subvencións, neste caso a través do Plan Concellos 2018/2019 de 76.643,43 €uros para a urbanización do parque, outra de 19.999,99 € para a dotación e instalación de luminarias e una terceira de 12.145,56 € para a colocación da varanda e a adquisición das canchas de fútbol sala e canchas de baloncesto, que non estaban incluidas no proxecto orixinal.

 

 

DESGLOSE DOS COSTES  e FINANCIACIÓN DO PARQUE CENTRAL:

 

  • Pago EXPROPIACIÓNS: 67.522,00€ (RECURSOS PROPIOS DO CONCELLO)

 

  • Honorarios por REDACCIÓN DO PROXECTO AO ESTUDIO OLA: 15.794,00€ (RECURSOS PROPIOS DO CONCELLO)

 

  • Coste da construcción e urbanización do parque: 439.086,10€

 

SUBVENCIONS DA DEPUTACIÓN:  415.362,70

 

  • Subvención Plan REEQUILIBRIO DA DEPUTACIÓN: 306.573,72€ desagregado:
    • Plan anualidade 2017: 122.766,67€
    • Plan anualidade 2018: 122.766,67€
    • Plan anualidade e 2019: 61.040,38€

 

  • Subvención Plan CONCELLOS 2018/2019 DA DEPUTACIÓN, Liña 1: 76.643,43€

 

  • Subvención Plan Concellos 2018/2020 da Deputación para luminarias: 19.999,99€

 

  • Subvención Plan CONCELLOS DA DEPUTACION para varanda e adquisición de canchas de fútbol e baloncesto: 12.145,56€.

 

APORTACIÓN RECURSOS PROPIOS: 23.723,40€

 

  • Sobrecoste da urbanización a cargo dos RECURSOS PROPIOS DO CONCELLO: 23.723,40€

 

 

TOTAL COSTE:  522.402,21 €

 

 

 

 

 



 

 

compartir

axenda