NovasIr a esta sección

Hoxe comezan a traballar as 12 persoas seleccionadas no proceso de contratación rematado a pasada semana
Data de publicación: 05 de abril de 2021

A contratación forma parte das políticas activas de emprego e conta cunha subvención do “plan concellos 2021” concedida pola Deputación para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

 

  • O proceso de selección iniciouse coa oferta que o Concello envía á oficina “Emprego Galicia” da Cañiza, para solicitar unha relación de candidatos para a cobertura de cada posto. Para enviar os preseleccionados  “Emprego Galicia” segue uns criterios para xestionar as ofertas na que se fai un emparellamento para coñecer os demandantes de emprego que levan maior tempo inscritos no sistema.

 

  • O tribunal do proceso de selección estivo constituido pola secretarias dos Concellos de Covelo e de Arbo, unha funcionaria do Concello de Melon e de As Neves e o  normalizador lingüista do Concello da Cañiza

 

  • Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas. así ofrécese emprego de calidade a diferenza de anos anteriores nos que as xornadas estaban recortadas. ademáis os salarios deste persoal  se equiparan cos dos empregados do concello con similares ocupacións.

 

  • Por segundo ano consecutivo eliminouse a entrevista no proceso de selección, converténdose nun concurso garantista ao 100 %  dos principios constitucionais de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade. Tamén por 2º ano cumpriuse co principio de publicidade da convocatoria, publicándose no bop nº 32 do 17 de febreiro, tal e como establece o artigo 29.2 do convenio colectivo do concello.

 

  • Tamén por segundo ano se aplica unha porcentaxe destinada a indemnizacións que asume o concello para cumplir con todo o disposto no ambito de aplicación dos dereitos destes traballadores.

 

Hoxe comezaron a traballar as 12 persoas seleccionadas no procedemento de contratación para cubrir os postos de 2 mozos de recollida de lixo, 5 peóns de obras públicas, 1 electricista de reparación e mantemento e 4 conductores operadores de maquinaria de vías.

Unha convocatoria pública de emprego á que están destinados un total de 128.182,97 €uros, subvencionados case na súa totalidade pola Liña 3 do Plan Concellos da Deputación Provincial. Neste Programa de Emprego o Concello da Cañiza colabora na financiación coa achega de 3.155,86 €uros destinados á indemnizacións.

A selección de persoal respetou os principios de igualdade, mérito e capacidade, nun proceso que cumpre por segundo ano consecutivo coa preceptiva publicidade da convocatoria e das Bases. Tamén estiveron garantizados os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e  discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Neste proceso volveuse a eliminar a entrevista e a proba práctica, converténdose nun concurso único de méritos no que se valorou especialmente a experiencia profesional (cun máximo de puntuación de 3 puntos), a formación ( cun máximo de 2 puntos) e as circunstancias persoais de cada aspirante que podían acadar ata 5 puntos.

Ademáis tamén por segundo ano se incorporou unha pequena proba de galego para as persoas que non puideron acreditar estar en posesión do certificado oficial de galego (GELGA), requisito indispensable para poder participar neste concurso. Esta proba é obrigatoria.

Con todos estes axustes e melloras, o proceso de selección converteuse nun exercicio de total transparencia, segundo manifesta o Alcalde da Cañiza, Luis Piña.

compartir

axenda