NovasIr a esta sección

FORMACION PROFESIONAL. Prazos do proceso de admisión
Data de publicación: 01 de xullo de 2021

Xa están abertos os prazos de admisión na FP.

Para FP Dual, cursos de especialización de FP e réxime ordinario e réxime para as persoas adultas

FP DUAL

As solicitudes poden presentarse dende as 9:00 horas do 25 de xuño ata as 13:00 horas do 2 de xullo.

 

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

Poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que estean de posesión dalgunha das titulacións de FP grao medio ou superior recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Presentación de solicitudes: do 25 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas.

Matrícula das persoas admitidas: dende as 9:00 h do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.

 

REXIME ORDINARIO E REXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS.

Presentación de solicitudes:  do 25 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas.

Matriculación  da 1ª adxudicación: dende as 9:00 horas do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.

 

Mais información: https://www.edu.xunta.gal/fp/

 

compartir

axenda