NovasIr a esta sección

Exposición fotográfica sobre o Dano Cerebral Adquirido
Data de publicación: 01 de xuño de 2021

A planta baixa da Casa do Concello acolle esta exposición baixo o título "PUNTO E SEGUIDO" dende o 4 ao 18 de xuño de 2021.

Estará aberta de luns a venres de 8:30h a 15h.

 

  • Esta mostra é unha continuidade da charla impartida o pasado 6 de maio no Concello sobre esta enfermidade.

 

  • Ten como obxectivo informar sobre as causas e factores que a producen, recoñecer os síntomas,  qué facer ante un Ictus, as secuelas que pode deixar e sobre todo cáles son os recursos dos que podemos dispor en caso de padecer esta enfermidade.

 

  • FEGADACE é a Federación galega que coordina o movemento asociativo das cinco asociacions de daño cerebral que existen en Galicia e a súa principal labor é apoiar e axudar despois de sufrir un Ictus, cando o enfermo é dado de alta e chega ao seu fogar. O seu contacto é 659 177 709 . web: www.fegadace.org e o enderezo electrónico: fegadace@fegadace.org .

 

EXPOSICIÓN:

PUNTO E SEGUIDO: A VIDA DESPOIS DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO.

DO 4 AO 18 DE XUÑO

DE 8.30H A 15.00H

PLANTA BAIXA DO CONCELLO. ACCESO A SERVIZOS SOCIAIS

 

Qué é o Dano Cerebral Adquirido:

 

Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami. 

Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida. 

O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza.

Converte a persoas traballadoras en dependientes, a parellas e familiares en coidadoras, a nenos e nenas en mestres dun pai ou dunha nai que esqueceu como sumar ou como escribir. 

Deixa fogares que se teñen que recompoñer, casas que se teñen que transformar, economías que se teñen que adaptar, relacións e roles que se teñen que reorganizar. 

Un puzzle para o que as familias non contan con toda a axuda que precisan. 

Un ictus ou un accidente de tráfico son cuestión de segundos. 

Un punto e seguido para o que virá despois. 

Secuelas visibles e invisibles. Orgánicas, físicas, sensoriais, cognitivas, emocionais, condutuais, económicas, sociais. 

Pero tamén apoio, rehabilitación, novos proxectos de vida, novas relacións, novas lecciones, novos gustos e intereses. 

Unha Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos, con estas fotografías, achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. 

Abrirche a porta das nosas casas. 

Amosarche que o dano cerebral non é un punto final. 

Que é un punto e seguido para unha nova vida. 

Achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. 

compartir

axenda