NovasIr a esta sección

Estudiantes de Economía do IES da Cañiza participan no proxecto “ Your Future is NOW”
Data de publicación: 18 de xuño de 2021

.

ARIZONA, BOSTON, VERÍN E A CAÑIZA ÚNENSE PARA REACTIVAR O COMERCIO LOCAL DA VILA PONTEVEDRESA

Un proxecto deseñado por tres emprendedores galegos -dous deles residentes en EE.UU- co fin de poñer en valor o potencial da xuventude galega.

 

No marco deste proxecto, as estudantes do IES da Cañiza poñen a disposición dos comerciantes locais os seus coñecementos económicos e deseñan unha ruta con moitas sorpresas para animar a veciños/as e visitantes a descubrir a Cañiza; a “Terra do xamón” ten moita historia alén deste manxar polo que tradicionalmente é coñecida.

Para realizar esta ruta só é preciso un móbil para ler cada un dos 11 códigos QR que a compoñen ademáis de moita creatividade e intuición para descubrir onde están agochados.

As  100  primeiras persoas que consigan completar a ruta obterán un vale desconto de 10€ para canxear nos establecementos adheridos á campaña.

Atréveste a participar? Está atenta/o ao noso Instagram: @atuaruta

 

 

compartir

axenda