NovasIr a esta sección

ESCOLA DE XIMNASIA RÍTMICA DA CAÑIZA
Data de publicación: 16 de maio de 2021

En setembro o noso Concello oferta unha nova actividade da man do Club Marusia, a "Escola Ximnasia Rítmica da Cañiza". Con este proxecto preténdese axudar a aumentar o abanico de actividades deportivas ofrecidas na Cañiza, cun deporte de gran riqueza motriz.

 

A ximnasia rítmica é un deporte en auxe tanto na disciplina feminina como masculina, grazas á versatilidade das súas rutinas onde se aúnan dificultades corporais, pasos de danza, elementos ximnásticos e dificultades con aparellos. 

O obxectivo primordial deste proxecto é incrementar e fomentar a práctica da ximnasia rítmica, inculcar aos/ as alumnos/ as un estilo de vida san a través da actividade física para conseguir hábitos saudables e duradeiros e ensinar aos nenos/ as a ocupar o seu tempo de lecer de forma construtiva.

 

Club Marusia

Teléfono: 647646618

Email: clubmarusia@clubmarusia.com

WEB: www.clubmarusia.com

compartir

axenda