NovasIr a esta sección

Entrega de premios dos certames de Poesía e Relato
Data de publicación: 17 de maio de 2021

O Alcalde entregou esta mañá os premios aos gañadores dos certames literarios de poesía e relato "Letras galegas 2021"

 

O Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños, fixo entrega esta mañá nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, dos diplomas e tablets aos catro concursantes gañadores do XXII Concurso de Poesía e XX Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocadas polo Concello da Cañiza con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas 2021, adicado este ano a Xela Arias.

 

Premiados de cada modalidade:

XXII Concurso de poesía.

1ª Categoría: De 6 aos 12 anos (incluídos): Zaira Lomba Alvarez (11 anos) co poema "A Morte"

2ª Categoría. De 13 a 17 anos (incluídos): Íria Fernández Giráldez ( 13 anos) co poema "Quero Fuxir"

 

 XX Concurso de relatos.

1ª Categoría: De 6 a 12 anos (incluídos): Manuel Pereira Iglesias ( 6 anos) co relato "O Gato Lambón"

 2ª Categoría: De 13 a 17 anos (incluídos): Claudia Machado Puga ( 16 anos ) co relato "In-Móbil"

 

O xurado integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valoraron os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

Presentáronse máis de 40 traballos entre as dúas modalidades, sendo este ano 2021 o que máis participación tivo de todas as edicións. Neste alto nivel de participación tivo moito que ver a implicación dos profesores aos que dende o Concello queremos agradecer a súa colaboración.

O Alcalde felicitou tamén a todos os concursantes polos seus orixinais traballos e os emplazou para o vindeiro ano.

compartir

axenda