NovasIr a esta sección

O Concello xa ten abonada toda a débeda de facturas de recollida do lixo de 2018 a SOGAMA
Data de publicación: 19 de abril de 2021

O Alcalde Luis Piña informa que a día de hoxe o consistorio xa ten pagada a SOGAMA toda a débeda do ano 2018 correspondente á retirada do lixo da planta da Cañiza hacia Cerceda.

 

  • Unha débeda pendente do 2018 e 2019 que a  Xunta cobrou reténdolle ao Concello un total de 14.095,35€ dos 23.492,25€ que lle corresponden mensualmente do Fondo de Cooperación Local e que forma parte dos ingresos locais.

 

  • Con estas retencións que a Xunta ven aplicando dende novembro de 2020,  xa está liquidada a facturación de abril a decembro do ano 2018 que ascendía a un total de  84.166,29€.

 

  • Aínda falta por reter 3 mensualidades  máis, correspondentes a maio, xuño e xullo para completar o pago, quedando liquidada a débeda dos anos anteriores, un total de 117.537,30€.

 

  • A retención destes Fondos para compensar á Sogama supuso para o Concello unha importante merma nos seus ingresos mensuais e un esforzo extraordinario para seguir atendendo as necesidades dos veciños sen poñer en risco os servizos municipais básicos.

 

 

O pasado mes de setembro de 2019 o Concello recibiu unha comunicación da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia pola que se informaba de que a partires do mes de novembro o Concello recibiría 14.095,35 € menos ao mes do FCL  para compensar á SOGAMA (a Sociedade Galega de Medio Ambiente) por non ter pagada a débeda xerada pola retirada, transporte e tratamento do lixo do noso Concello hacia a planta de Cerceda dende o ano 2018.

 

Nos últimos anos o Concello xa viña arrastrando con esta Sociedade unha débeda duns 100.000 €uros ao ano, pero a Xunta de Galicia nunca aplicara ata agora a retención nos ingresos do Concello do Fondo de Cooperación.

 

Esta retención por parte da Xunta complicou a xa de por sí debilitada situación económica do Consistorio que viu reducidos nun 60% os ingresos que lle corresponden polo FCL, nun momento en que era público que as débedas acumuladas e o descuido dos últimos anos provocaron unha  forte e negativa presión económica sobre as contas locais.

  

Con todo dende que o pasado 14 de xullo de 2020 SOGAMA apercibira ao Concello da falta de pagamento do canon unitario da recollida de residuos adeudados dende abril de 2018, o Consistorio fixo un importante esforzo para abonar todo o ano 2019 e parte do ano 2020.

 

O pago do canon a SOGAMA representa un 40% dos costes da recollida da basura na Cañiza. A Sociedade cobra por retirar, transportar e tratar os residuos dos contenedores verdes unha media de 9.000€/mes.  A Cañiza xenera entre 130 e 140 toneladas de lixo ao mes que hay que multiplicar por 62.93 €/tn. máis ive.

compartir

axenda