NovasIr a esta sección

O Concello renovará en breve o alumeado público do núcleo e a contorna do Santuario da Nosa Srª da Franqueira
Data de publicación: 31 de marzo de 2021
Uns traballos que se executarán como mellora da adxudicación da obra de reforma integral do alumeado público de Valeixe cunha inversión de 423.500,00.

 

  • NA ELECCIÓN DO NÚCLEO DA FRANQUEIRA E DO SANTUARIO PARA REALIZAR A MELLORA DA ILUMINACIÓN E DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, INFLUIU O FEITO DE QUE O LUGAR É UNHA DAS MÁIS IMPORTANTES ALFAIAS DO NOSO PATRIMONIO RELIXIOSO E ARQUITECTÓNICO ADEMÁIS DE SER CENTRO DE PEREGRINACIÓN E ESPIRITUALIDADE. 

 

  • COA EXECUCIÓN DESTA OBRA, MELLORARÁ NOTABLEMENTE ESTE ESPAZO QUE MERECE UN ESPECIAL TRATAMENTO E COIDADO POR ACOLLER, NO SEU SANTUARIO, UNHA DAS ADVOCACIÓNS MARIANAS MAIS ANTIGAS DE GALICIA.

 

As obras de reforma integral do 100% do alumeado público de Valeixe contemplan a sustitución de máis de 800 luminarias, a colocación de 10 novos báculos modelo Cañiza no centro da Miñoteira, o tendido de 13 km de cable novo, a sustitución de máis de 40 columnas deterioradas e a instalación de 20 novos cadros de contadores eléctricos de última xeneración. Tamén supón unha mellora da eficiencia enerxética proporcionando unha luz led máis blanca e nítida, unha reducción da contaminación lumínica e un notable  aforro dos consumos eléctricos

Pero ademáis no proceso administrativo de licitación e contratación desta obra, a empresa beneficiaria ofertou como mellora a reforma do alumeado público do núcleo da Franqueira, a súa contorna e accesos do Santuario, dotando a estes emprazamentos dunha moderna instalación eléctrica co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, capaz de aportar máis luminosidade para realce desta xoia do noso Patrimonio.

A actuación comeza no lugar do Cemiterio novo, baixa por toda a encosta ata o Santuario e remata nos anexos da circunvalación coa instalación de 25 novas luminarias e o despliegue de novo cableado.

Na zona do Cemiterio novo, retirarase o único punto de luz existente e se instalarán tres novas luminarias de luz led ata o cruce coa recta que baixa ao Santuario. Ademáis retirarase o tendido eléctrico que pasa por Monte comunal  para extendelo pola vía pública.

Dende o cruce e ata onde comeza o vial dos círculos se instalarán 13 novas columnas modelo Cañiza. Ademáis se retirará todo o tendido aéreo e se instalará toda a acometida subterránea,  para eliminar o feísmo do entramado eléctrico aéreo actual.

Por último na zona do Santuario se instalarán 8 novos puntos e columnas de 6 metros de altura en color bronce, armonizando co entorno que realzarán a arquitectura deste Santuario cisterciense.

Nos vindeiros meses comezará esta actuación que ademáis conta con todas as autorizacións sectorias das administracións públicas, tanto de Patrimonio da Xunta de Galicia como da Deputación de Pontevedra, por ser a estrada de paso de titularidade provincial.

compartir

axenda