O Concello programa durante es mes de marzo e abril un calendario de actuacións en prol da Igualdade
Data de publicación: 23 de marzo de 2021
Con motivo da celebración do Día da Muller, o Concello programou para este mes de marzo e mediados de abril, un calendario de actividades e actuacións para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Dirixidos á mocidade e a poboacion infantil

-
Esta programación arrancou o pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller,, coa publicación dun MANIFESTO, facendo mención especial á visibilización do papel das mulleres do Concello e a nova realidade social na que a pandemia ocasionada pola enfermidade da COVID-19 as sitúa.
-
O Texto refiere o aumento do traballo de cuidados non remunerados –tanto de menores, no seu momento polo peche dos centros educativos e o peche das actividades extraescolares, como de persoas dependentes. Todos estes coidados son recursos necesarios dentro do Estado de Benestar, irrenunciables para a conciliación familiar e laboral.
-
O Manifesto tamén inclúe as consecuencias económicas que dende hai un ano afecta ao mercado do traballo, aumentando en maior porcentaxe a taxa de paro das mulleres, ampliando a diferenzas de xénero, o que profundiza as desigualdades xa existentes.
-
Programouse tamén para este mes a iluminación da fachada do Concello coas cores violeta con motivo da conmemoración do mes de marzo como mes da Igualdade Real e Efectiva entre Mulleres e Homes.
-
No ámbito da prevención e da formación, o Concello está desenvolvendo nos centros educativos da Cañiza diferentes obradoiros durante o curso académico e de xeito específico nos vindeiros meses, centrados na abordaxe dos estereotipos de xénero, das relación baseadas no bo trato e na prevención da violencia de xénero a través das redes sociais así como actividades de carácter máis lúdico como a programación de contacontos e música para a Igualdade.
-
Estas actividades están dirixidas principalmente á mocidade e aos máis pequenos. O proxecto acóllese ás subvencións que a Deputación de Pontevedra convoca para as entidades locais de menos de 20.000 habitantes.
-
Ademáis, no marco das actuacións de sensibilización para a promoción da Igualdade 2021, o Concello repartiu o pasado 12 de marzo entre os alumn@s dos centros escolares, dosificadores de xel hidroalcohólico co lema “Tod@s somos iguais”.

O desenvolvemento de todas as actividades están condicionadas á situación de alerta sanitaria (Real Decreto 926/2020 do 25 de outubro) e ás medidas que se adoiten neste contexto.