NovasIr a esta sección

O Concello inicia o proceso de selección de 2 socorristas e 2 peons forestais
Data de publicación: 06 de xullo de 2021

Os aspirantes foron seleccionados previamente polo Organismo "Emprego de Galicia" Oficina do Servizo Público con Sede na Cañiza.

 

  • OS DOUS PEONS FORESTAIS SELECCIONADOS TRABALLARÁN A PARTIRES DO MES DE XULLO, DURANTE 9 MESES A XORNADA COMPLETA EN TAREFAS DE LIMPEZA FORESTAL E DE CUNETAS, PRESTANDO APOIO AO SERVIZO DE XARDIÑERÍA E DESENVOLVENDO OUTRAS LABORES RELACIONADAS COA OCUPACIÓN.

 

  • OS SOCORRISTAS ESTARÁN CONTRATADOS TAMÉN A XORNADA COMPLETA NOS MESES DE VERÁN NA INSTALACIÓN DA PISCINA RECREATIVA AO AIRE LIBRE DE AS GRADES.

 

  • O CONCELLO SOLICITOU EN PRAZO ANTE A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA AS SUBVENCIÓNS PARA OS DOUS PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN.

 

  • A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS SOLICITOUSE A TRAVÉS DA CONVOCATORIA TR351A CUXA CONCESIÓN FOI NOTIFICADA POLA XUNTA O PASADO 25/06/2021 E A DE APROL RURAL FORESTAL A TRAVÉS DO PROCEDEMENTO TR351G, NOTIFICADA AO CONCELLO TODAVÍA O PASADO 28/06/2021.

 

  • PARA PODER ACCEDER AOS DOUS  PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN OS DESEMPREGADOS TEÑEN QUE CUMPRIR COAS CONDICIÓNS ESIXIDAS NESTAS CONVOCATORIAS

 

No proceso de selección dos candidatos está eliminada a entrevista, converténdose nun concurso únicamente de méritos no que se valorará a experiencia profesional (ata 3 puntos), a formación (ata 2 puntos) e as circunstancias persoais e familiares de cada aspirante (cargas familiares, ingresos, discapacidade, maior de 45 anos e violencia de xénero, etc.) que poden chegar ata 5 puntos.

 

 Ademáis realizarase unha pequena proba de galego para as persoas que non poidan acreditar estar en posesión do certificado oficial de galego (GELGA), requisito indispensable para poder participar nestes procedementos de contratación de políticas activas.

 

As convocatorias dos procedementos foron publicadas previamente no BOP de Pontevedra nº 91 do 14 de maio, tal e como establece o Convenio Laboral do Concello da Cañiza e tamén expostas na páxina web e no taboleiro de anuncios.

 

A selección de persoal respetará con todas as garantías os principios de igualdade, mérito e capacidade, garantizando tamén os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

compartir

axenda