NovasIr a esta sección

O Concello contará cun mellor servizo de alarma e videovixiancia nas instalacións municipais
Data de publicación: 18 de xuño de 2021

Segundo manifestou hoxe o Alcalde Luis Piña "foi necesario adoptar esta medida debido ao incremento das entradas non autorizadas e roubos perpetrados no parque de maquinaria e no punto limpo"

 

Esta mañá o Alcalde anunciou que se está tramitando o expediente administrativo para implantar nas instalacións municipais un sistema de alarma e videovixiancia máis eficaz dotado dos últimos avances tecnolóxicos neste eido,  co obxectivo de protexer e velar polos bens do Concello. 

Luis Piña manifestou a súa preocupación polos roubos sufridos nas instalacións do parque de maquinaria e no punto limpo polo que resulta necesario reforzar a seguridade neste e outros edificios municipais para que accións como éstas non se volvan a repetir.

Este sistema se seguridade se instalará no parque de maquinaria, no edificio multiusos, punto limpo e complexo deportivo. Ademáis na Casa do Concello se instalarán dúas cámaras dentro e fora do edificio.

A novo sistema sustituirá ao anterior que viña costando mensualmente 548,13€uros. Ademáis de incorporar máis cámaras en máis instalacións, as grabacións das imaxes aloxaranse na nube para que non se poidan perder e todo por 552,97€uros ao mes.  

compartir

axenda