NovasIr a esta sección

O Concello adxudica o servizo de asistencia técnica en protección de datos
Data de publicación: 16 de xullo de 2021

A mercantil Norquality Consultores S.L. será a encargada de levar a asitencia técnica para garantir e protexer os datos persoais que se traten no Concello.

 

  • TAMÉN SERÁ A DESIGNADA PARA ACTUAR COMO DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS, É DICIR, O ENCARGADO DE INFORMAR AO CONCELLO DO TRATAMENTO E OBRIGAS LEGAIS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.

 

O Concello da Cañiza ven de adxudicar, por resolución do 13.07.2021, á empresa Norquality Consultores S.L. a asistencia técnica e implantación e adecuación á Lei O. 3/2018.  Ademáis a empresa actuará como Delegado de protección de datos, velando e supervisando o cumprimento normativo no que respecta ao tratamento de datos.

 

Segundo manifesta o Alcalde Luis Piña, coa adxudicación deste contrato o Concello cumple cos deberes impostos polo Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679 do Parlamento Europeo ( RGPD), así como coa normativa relativa ao Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI), Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e coa Lei orgánica 3/2018 do 5 de decembro de protección de datos de carácter persoal.

 

Esta asistencia ten como finalidade a creación das condicións necesarias de confianza no uso dos medios electrónicos, a través de medidas para garantir a seguridade dos sistemas, dos datos, das comunicacións e dos servizos electrónicos, e que, por outra banda, permita aos cidadáns e ao concello o exercicio de dereito e o cumprimento de deber a través destes medios.

 

A instauración desta medida constitúe a ferramenta máis adecuada para preservar, coas debidas garantías, o acceso, integridade, dispoñibilidade, autenticidade, confidencialidade,  trazabilidade e conservación dos datos, informacións e servizos fronte a riscos e ameazas que poidan comprometer o funcionamento da institución e a súa imaxe, derivados de incidentes relacionados coa seguridade das redes e a información.

 

 

LEI O. DE PROTECCIÓN DE DATOS

Coas novas tecnoloxías os nosos datos persoais circulan pola rede sen ningún tipo de control. Por iso publicouse o Regulamento Xeral de Protección de Datos, a normativa que regula o tratamento de información de carácter persoal en territorio europeo. Regulamento que o ordenamento xurídico español adaptou a través da Lei Orgánica de Protección de Datos.

 

Esta Lei Orgánica ten por obxecto garantir e protexer, en canto ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal e familiar. Dereito fundamental de toda persoa física que a faculta para dispoñer e controlar os seus datos de carácter persoal, podendo decidir cales proporcionar a terceiros, así como coñecer quen posúe eses datos e para que, e opoñerse a esa posesión ou tratamento.

compartir

axenda