NovasIr a esta sección

o Alcalde visita as obras de mellora do Alumeado Público en Valeixe
Data de publicación: 24 de abril de 2021

Unha obra cun investimento de 423.500,00€ que por primeira vez dende hai máis de 40 anos permitirá sustituir o 100% do alumeado público actual, obsoleto e caro por unha moderna e máis eficiente instalación eléctrica.

 

#alumbradoValeixe

 

O ALCALDE LUIS PIÑA VISITA EN VALEIXE AS OBRAS DE REFORMA INTEGRAL DE TODO O SEU ALUMEADO PÚBLICO

 

UNHA OBRA CUN INVESTIMENTO DE 423.500,00€ QUE POR PRIMEIRA VEZ DENDE HAI MÁIS DE 40 ANOS PERMITIRÁ SUSTITUIR 0 100% DO ALUMEADO PÚBLICO ACTUAL, OBSOLETO E CARO POR UNHA MODERNA E MÁIS EFICIENTE INSTALACIÓN ELÉCTRICA.

 

Como xa manifestara o Alcalde o pasado 20 de marzo, esta obra suporá un antes e un despois no proceso de modernización eléctrica de Valeixe e da Cañiza no seu conxunto xa que permitirá que a parroquia conte cunha moderna instalación eléctrica, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade, cambiando a unha nova luz de maior calidade. Ademáis suporá a reducción da emisión de contaminación lumínica e un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, cumprindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea de reducir a contaminación, alineándonos coas directrices europeas.

 

A obra supón a sustitución de máis de 800 luminarias, o tendido de 13 km de cable novo, a sustitución de máis de 40 columnas e a instalación de 20 novos cadros de contadores eléctricos intelixentes. Ademáis no centro da parroquia, na Miñoteira, se colocarán 10 novos báculos do Modelo Cañiza.

 

Na visita do Alcalde as obras puido comprobar cómo xa están sustituidas 182 luminarias ( 27 en Abelán, 37 na Cruz, 17 en Paradela, 18 en Lameira, 38 en Cabo de Vila-Raxeira, 24 na Laranxeira, 15 na Chan e 6 en Carracedo).  O modelo colocado é Laia de Isosi de 30 watios capaz de proxectar unha luz branca a 130 luminos/watio, de clase 2 en ador 4000K.

 

Ademáis tamén se instalaron 18 módulos de contadores de última xeneración e se cambiaron os 2 existentes e xa se iniciaron as xestións coa Distribuidora eléctrica para solicitar a alta. Deste xeito cambiarase o modelo de facturación de alzado a contador, rebaixando notablemente a factura da luz xa que o modelo de alzado contaba cun elevado importe de penalización.

 

Por outra banda xa está colocado 2,5 km de cableado. Un traballo laborioso pola complicación de ter que ir unindo puntos de conexión pero que permitirá que se renoven completamente a liña eléctrica e se mellore a calidade do suministro.

compartir

axenda