NovasIr a esta sección

O Alcalde inaugura a exposición fotográfica 'PUNTO E SEGUIDO'
Data de publicación: 07 de xuño de 2021

" A Vida despois do Dano Cerebral Adquirido" que permanecerá aberta ata o 18 de xuño na Casa Consistorial da Cañiza.

A mostra está organizada pola Asociación FEGADACE.

O ALCALDE  INAUGURA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO “PUNTO E SEGUIDO” QUE PERMANECERÁ ABERTA NA CASA CONSISTORIAL ATA O 18 DE XUÑO

 

 

O Alcalde Luis Piña inaugurou a mostra fotográfica “Punto e Seguido: A vida despois do Dano Cerebral Adquirido”, acompañado de persoal da Federación Galega de Asociacións de Dano Cerebral Fegadace (unha das comisarias da obra xunto con Adaceco, Adace Lugo, Alento, Sarela e Renacer Ourense), que estará aberta ao público ata o 18 de xuño na Casa do Concello en horario de 8:30 a 15h.

 

A Exposición está composta por un total de 37 fotografías tomadas polo fotógrafo Aigi Boga no ano 2017 nas que o autor captura instantáneas das persoas que sufren esta enfermidade nos centros que FEGADACE ten en Galicia.  

 

Estas fotografías revelan momentos de debate nos centros de día, traballando o razoamento,  de diversión e convivencia, expresión física e control do corpo, de traballos de potenciación das habilidades, entre outros moitos.

 

A exposición é unha continuidade da charla impartida o pasado 6 de maio no Concello sobre esta enfermidade. 

 

compartir

axenda