NovasIr a esta sección

O Alcalde felicita ao Subcampion de España 2021 de BTT Enduro Master 30
Data de publicación: 10 de xuño de 2021

SANTOS LEMOS, integrante do clube ciclista da Cañiza, Grupeta Pan de Zarco.

Luis Piña recibiu no Concello a este deportista despois de obter o segundo mellor tempo no campionato de España celebrado o pasado domingo 6 de xuño na localidade de Mugardos (A Coruña).

 

Esta mañá tivo lugar a recepción na Alcaldía ao novo subcampeón de España de BTT Enduro categoría Master 30, Santos Lemos, un dos deportistas do Clube Ciclista Grupeta Pan de Zarco, equipo deportivo que na actualidade ten a súa sede na Cañiza.

 

Santos Lemos que por segundo ano consecutivo revalida esta posición, conseguiu a segunda clasificación nun duro campionato celebrado na localidade coruñera de Mugardos e Chanteiro no que participaron 300 ciclistas. Unha complexa proba cun desnivel de 1.240 metros e un percorrido de cinco tramos cronometrados e outros cinco de enlace que completaban os 32 kilómetros do circuito.

 

 

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña “A Cañiza está de noraboa polos logros deportivos acadados pola nosa xente  esta fin de semana”. Ao triunfo do balónman feminino únese tamén esta segunda posición nesta categoría ciclista. O Goberno da Cañiza asumiu o compromiso de colaborar cos nosos clubes xa que o esforzo, bo facer e triunfos  dos nosos deportistas consiguen poñer o foco no noso Concello, dando a coñecer o nome da Cañiza por toda a xeografía galega e mesmo nacional”.

 

compartir

axenda