NovasIr a esta sección

O Alcalde felicita ás 5 empresas da Cañiza que recibiron o distintivo SICTED de Calidade Turística
Data de publicación: 27 de abril de 2021

Nunha I Gala de Calidade Turística celebrada onte 26 de abril no Hotel Balneario de Mondariz e organizada polo GDR Condado Paradanta

 

  • VIVENDA TURISTICA A PAMPLA, BODEGA TORGO, CENTRO DE ESTUDOS SERÁN DE TORGO, BODEGA EIDO DA FONTE E CASA VILAMIDE, SON OS 5 ESTABLECEMENTOS CAÑICENSES QUE CONTAN DENDE ONTE CO DISTINTIVO.

 

  • ESTE SELO DE COMPROMISO DE CALIDADE TURÍSTICA, ACREDITA E RECOÑECE O ESFORZO REALIZADO POLOS ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS QUE PARTICIPAN NO XEODESTINO CONDADO PARADANTA.

 

En total foron 24 os establecementos do Xeodestino  Terras do Condado – A Paradanta que recibiron onte este recoñecemento do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos SICTED, nunha Gala celebrada no Hotel Mondariz Balneario e na que estiveron presentes os dez Alcaldes e Alcaldesas do Condado Paradanta, o Presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e o Vicepresidente Primeiro Alfonso Rueda.

Segundo manifestou o Alcalde da Cañiza, dende o Concello se segue apostando para crear un destino turístico de calidade, aproveitando o noso paisaxismo e recursos naturais, sendo capaces de ofertar un turismo tranquilo, en contacto coa natureza, sostible, desentacionalizado e de gran calidade, o que nos converte nun destino turístico seguro.  O Alcalde agradeceu o traballo que tamén dende o Xeodestino Condado Paradanta se está desenvolvendo neste sentido.

 

Luis Piña felicitou as 5 empresas da Cañiza que conseguiron este selo de calidade turística: Vivenda Turística A Pampla, Centro de Idiomas Serán de Torgo e Bodega Torgo, todos eles situados no lugar de Torgo, na parroquia de Parada; Vivenda de uso turístico Casa Vilamide, tamén de Parada e a Bodega Eido da Fonte de Valeixe. A todos eles a nosa noraboa.

 

 

 España conta con 213 destinos adheridos ao proxecto  Sicted, dos cales 11 atópanse en Galicia, o que sitúa á comunidade autónoma no sétimo posto a nivel nacional.

En canto ao número de entidades e establecementos distinguidos, 771 están situadas en territorio galego, o que coloca a Galicia no terceiro posto.

 

 

compartir

axenda