NovasIr a esta sección

o Alcalde explica o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar
Data de publicación: 16 de abril de 2021

Un servizo que atende a un colectivo co que toda a sociedade temos unha grande débeda moral e de vida: os nosos maiores dependentes ou que viven en soidade.

Primeiro de todo o Alcalde reivindica que é un servizo que debería prestar a Xunta de Galicia por ser da súa competencia directa, pero que delega nos concellos a pesares de que o Estatuto Galego de Autonomía establece no artigo 27.23º que corresponde ao poder galego a competencia exclusiva en materia de asistencia social 

 

CÓMO FUNCIONA, QUÉN TEN DEREITO A ESTA PRESTACIÓN, CÁLES SON OS COSTES E O PROCEDEMENTO PARA PODER SER BENEFICIARIO DO SERVIZO.

 

  •   Con todo, o Concello da Cañiza reforzou e mellorou a prestación deste servizo por considerar unha prioridade velar polo benestar e a calidade de vida dos nosos maiores.

 

  •   O SAD financiase con copagos da Xunta de Galicia, do Concello e dos beneficiarios en función do seu nivel de ingresos.

 

  •   Na actualidade o SAF presta aos 27 usuarios do programa un total de 15.564 h. anuais cun custo para o concello de 17€/h. A aportación media de pagamento do usuario é de 1,79€/hora e nalgúns casos non pagan nada.

 

  •   Dende o ano 2012  en que se pon en marcha o SAF, a Xunta de Galicia non actualizou o pago das horas aos concellos que se mantén en  9,70€/h. Dende hai 9 anos a Xunta mantén conxelado o pago do módulo/hora, tendo o Concello que asumir os incrementos que aumentan ano tras ano co nivel de vida e as subidas salariais do persoal.

 

  •   A aportación do Concello ao servizo foi incrementándose nos últimos anos, pasando de 25.656,42€ no ano 2016,  a 39.489,90€ no 2018 e a 67.868,58€ no ano 2020.

 

  •   O Servizo costou o ano pasado 245.963,00€, case 44.000€ máis que no ano 2018 (cun custo de 202.574,46) e 122.427,29€ máis que no ano 2016 ( cun custo de 123.535,71 €)

 

  •   Ainda que a Xunta autoriza o número de horas  que pode prestar cada Concello para posibilitar a entrada de novas persoas no sistema, a realidade é que solo abona a custo da metade destas horas sen ter en conta se os orzamentos e a liquidez dos Concellos poden asumir este sobrecusto.

 

A Orde  que regula a prestación deste servizo é a do 22 de xaneiro de 2009 da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

 

No seu artigo 4.4 recolle que  “…En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía…”

 

Mellorar a calidade de vida dos usuarios, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social, previr situación de dependencia ou exclusión social, retardar a institucionalización son algúns dos obxectivos que se pretenden acadar coa prestación deste servizo.

Está coordinado por persoal técnico cualificado. O Concello abre un expediente por cada usuario ou unidade de convivencia á que se presta o servizo, no cal consta o informe social asinado pola traballadora social, un proxecto de intervención, un acordo do servizo asinado entre o Concello e a persoa usuaria e a supervisión do servizo efectivamente prestado.

 

As solicitudes dos particulares para acceder ao servizo son valoradas obrigatoriamente  polo traballador social dos servizos sociais de atención primaria, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determina, mediante informe preceptivo e vinculante, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto. A intensidade do servizo determinase en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico

 

A capacidade económica das persoas usuarias do SAF calculase en atención á súa renda e, ao seu patrimonio. Tense en conta, ademais, as persoas conviventes economicamente dependentes, de acordo cos ingresos netos que perciban que comprenden os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

compartir

axenda