NovasIr a esta sección

O Alcalde clausura o curso de Busca Activa de Emprego
Data de publicación: 26 de marzo de 2021

e entrega os títulos acreditativos de asistencia á formación aos alumnos participantes.

Un total de 30 horas lectivas, gratuitas, impartidas no aula CEMIT da Casa de Cultura da Cañiza, no que os alumnos aprenderon os diferentes procesos relacionados coa Busca Activa de Emprego. Un curso formado por 5 módulos nos que se analizaron todos os recursos necesarios para facilitar a procura de traballo.

Introducción á informática, cómo realizar un currículum, xestión do correo electrónico, aprender a navegar polas redes e buscar recursos de emprego por internet e o manexo de Lindekin, son algúns dos temas que se impartiron durante estas xornadas. Ferramentas imprescindibles para obter un mellor rendemento e aumentar a empregabilidade.

Este curso  está ideado para xerar un sistema de aprendizaxe activa e participativa do alumno, a través de múltiples exercicios, actividades e prácticas.

compartir

axenda