NovasIr a esta sección

O Alcalde asiste á presentación do PLAN REACCION PONTEVEDRA na Deputación
Data de publicación: 31 de maio de 2021

Hoxe a Presidenta Carmela Silva presentou o Plan de Investimentos máis ambicioso da historia da Institución: o Proxecto REACPON con 20 millón de Euros para os Concellos de menos de 50.000 habitantes.

 

 

 

  • O ALCALDE LUIS PIÑA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DESTE PLAN DESTINADO A IMPULSAR A ECONOMÍA DA PROVINCIA CO FIN  DE XERAR ACTIVIDADE E CREAR E MANTER EMPREGO.

 

  • TRÁTASE DUNHA POTENTE INXECCIÓN DE RECURSOS DIRIXIDA Á TRANSFORMACIÓN DO TERRITORIO PARA PALIAR AS CRISES DA COVID-19

 

  • ESTE AMBICIOSO PROGRAMA DE INVESTIMENTO DA DEPUTACIÓN LANZA AS SÚAS BASES PARA NOVOS EQUIPAMENTOS, REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS MUNICIPAIS E DINAMIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS.

 

Na presentación desta mañá a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o Vicepresidente César Mosquera explicaron os obxectivos do programa, as súas liñas de desenvolvemento e os criterios de repartimento que permitirán impulsar nos concellos actuacións de rehabilitación, de nova construción e de mellora de espazos públicos.

 

“REACPON CONCELLOS” XA ESTÁ EN MARCHA.

 Con este Plan preténdese garantir dereitos e servizos, loitar contra o despoboamento fomentando a igualdade de oportunidades no ámbito rural e urbano, impulsar a sustentabilidade, promover a conectividade e dixitalización na prestación de servizos e a accesibilidade no acceso a equipamentos, espazos e infraestruturas locais no medio rural.

Deste xeito, dende a deputación se axudará a dinamizar a economía e  se colaborará na recuperación posCOVID-19. Tamén  se proporcionará aos concellos infraestruturas e dotacións de carácter singular e se avanzará na consecución dos Obxectivos 2030 e nas liñas mestras definidas para os fondos Next Generation. 

A Liña de rehabilitacións inclúe edificios e instalacións municipais para uso social, cultural, deportivo, turístico e de lecer, así como as dirixidas á infancia e mocidade, atención a vítimas de violencia de xénero ou elementos de interese patrimonial e de uso institucional e administrativo. No que respecta á nova construción, inclúense edificios ou instalacións sostibles e intelixentes e actuacións ambientalmente sostibles e que impulsen a cohesión territorial, a conectividade, dixitalización, accesibilidade e igualdade de oportunidades rural/urbano. Finalmente, no caso de actuacións en espazos públicos búscase darlles un uso plural, amable e fomentar a estancia e as mobilidades alternativas con recuperacións, melloras, urbanizacións, e reurbanizacións que cumpran os principios da rede Ágora.

Cada concello poderá financiar unha actuación ben sexa de rehabilitación, nova construción ou espazo público ata un máximo financiable do 90 % do Plan Concellos que lle corresponde, e un mínimo dun terzo do mesmo, dándoselle prioridade ás rehabilitacións e á mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade.

compartir

axenda