NovasIr a esta sección

O Alcalde anuncia a adxudicación da obra de reforma integral do alumeado público de Valeixe
Data de publicación: 20 de marzo de 2021

Cunha inversión de 423.500 €uros, a obra suporá a sustitución do 100% do alumeado actual, antigo e deficiente por unha moderna instalación eléctrica.

 
ESTA IMPORTANTÍSIMA OBRA MARCA O INICIO DA MODERNIZACIÓN DO CONCELLO DA CAÑIZA, CONECTÁNDONOS CON EUROPA.
 
É A PRIMEIRA VEZ QUE O CONCELLO ACOMETE UNHA RENOVACIÓN ELÉCTRICA DESTE CALADO.
 
CUNHA INVERSIÓN DE 423.500 € ESTÁ FINANCIADA AO 100% POR FONDOS EUROPEOS A TRAVÉS DO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA E POLO PLAN CONCELLOS 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
 
Despois de que o Alcalde Luis Piña encargara un estudo eléctrico para coñecer de primeira man o estado destas instalacións na parroquia, constatándose o desfase e deterioro de case todo o alumeado público. Despois da búsqueda de financiación e dun longo expediente administrativo, por fin este venres, 18 de marzo, por Acordo da Xunta de Goberno Local, aprobouse a proposta de adxudicación desta obra que suporá un antes e un despois para a parroquia de Valeixe e tamén para o conxunto do Municipio. 
 
A obra conta con todas as autorizacións sectoriais de Fomento, Diputación e Patrimonio, esta última recibida o pasado 12 de marzo.
 
 A reforma de todo o seu alumeado público. A renovación do 100% das luminarias da parroquia. Unha importantísima reforma que mellorará a calidade de vida dos veciños de Valeixe, a parroquia máis poboada do Municipio despois do núcleo da Cañiza., con 835 habitantes.
 
A obra supón a sustitución de máis de 800 luminarias, o tendido de 13 km de cable novo, a sustitución de máis de 40 columnas que actualmente non reúnen as condicións necesarias e a instalación de 20 novos cadros de contadores eléctricos de última xeneración. Ademáis no centro da parroquia, na Miñoteira, se colocarán 10 novos báculos do Modelo Cañiza.
 
Esta renovación integral sen precedentes, dotará a Valeixe dunha moderna instalación eléctrica, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade, cambiando a luz laranxa por luz branca. Ademáis suporá a reducción da emisión de contaminación lumínica e un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, cumplindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea de reducir a contaminación.
 
O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético  e penalizacións nas facturas, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro, reducindo a factura mensual en máis do 50%.
 
Esta obra cunha inversión de 423.500€ está financiada ao 100% entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, cunha aportación do 80% do total e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos 2020 aporta o 20% restante. Polo tanto cúmprese coa filosofía de axuste contable do Alcalde Luis Piña de non utilizar os recursos propios debido á actual situación económica que sufre o Concello.
 
As subvencións para o aforro e eficiencia enerxética  financiados polos Fondos Europeos a través do IDAE, Instituto para a Diversificación  e Aforro da  Enerxía do Goberno de España, permitiron ao Concello acometer esta gran reforma. 
 
O Alcalde solicitou a subvención o  pasado 23 de outubro de 2019, recibindo a Resolución de concesión da mesma o 22 de xaneiro de 2020. Despois dun longo proceso administrativo por fin a obra foi adxudicada este venres 18 de marzo. A empresa ten 4 meses para comezar os traballos.
 
compartir

axenda