NovasIr a esta sección

O Alcalde anuncia o inicio dos trámites para a construcción dun novo vial na Cañiza
Data de publicación: 05 de maio de 2021

Este vial axudará a mellorar a mobilidade dos coches e cidadáns e reducir a circulación do tráfico pesado no casco urbano, facilitar as comunicacións co polígono industrial e conectar a través dunha circunvalación a EP5005 Cañiza-Crecente coa PO406 Cañiza-Filgueira.

O ALCALDE LUIS PIÑA ANUNCIA O INICIO DOS TRÁMITES PARA CONSTRUIR UN NOVO VIAL DE CONEXIÓN CO POLÍGONO INDUSTRIAL QUE ELIMINARÁ O TRÁFICO PESADO DO CENTRO URBANO.

 

  • O pasado 21 de abril por Resolución de Alcaldia iniciouse o expediente para solicitar asistencia xurídica para a redacción do que se coñecera como PEID das tapadas, Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Concello, no lugar das Tapadas, terreos situados entre o Centro Comarcal e o Área de Servizo.

 

  • Este PEID permitirá construir un novo vial  que axudará a mellorar a mobilidade dos coches e cidadáns e reducir a circulación do tráfico pesado no casco urbano, facilitar as comunicacións co polígono industrial e conectar a través dunha circunvalación a EP5005 Cañiza-Crecente coa PO406 Cañiza-Filgueira.

 

  • Segundo manifestou Luis Piña, serán necesarios varios anos para abrir ao tráfico esta nova vía xa que hai que desenvolver e tramitar este plan especial dentro do PXOM.

 

  • Coa execución desta obra, dende a Alcaldía dase resposta a un problema viario que leva máis de 20 anos enriba da mesa sen que ata agora se adoptaran medidas.

 

  • Dende o Goberno Municipal dase outro paso adiante no proceso de reordenación da mobilidade urbana, dando protagonismo aos cidadáns sobre os vehículos.

 

  • Éste é solo un dos cambios que o novo Plan de Mobilidade Urbano Sostible da Cañiza, PMUS,  favorecerá, en consonancia cos novos modelos que se están implementando e que nos alineará con Europa.

 

Para poder desenvolver esta importantísima obra que ten como obxecto mellorar a comunicación co polígono industrial e reducir a presenza de vehículos pesados polas principais vías do casco urbano creando un novo vial que servirá de circunvalación e facilitará a conexión do polígono coa Autovía A-52,  e da EP 5005 A Cañiza- Crecente coa PO406 A Cañiza – Filgueira, é necesario modificar o Plan Xeral de Planeamento Municipal aprobado o 27/06/2003.

 

A Construcción deste vial pasa pola redacción e aprobación dun Plan Especial PEID cuxa asistencia xurídica xa se licitou e notificou por Resolución do Alcalde a semana pasada á empresa  J&A Garrigues, S.L.P. que conta cun prazo de 3 meses para presentar o documento.

 

O PEID recollerá o establecemento e ordenación das infraestruturas relacionadas coas comunicación, transportes, espazos libres públicos, equipamentos comunitarios, instalacións destinadas a  servizos públicos, suministros de enerxía, saneamento, evacuación de augas e outros.

 

Coa asistencia xurídica xa contratada, formalizarase o contrato de servizos para a redacción do Plan que levará un tempo aprobalo xa que necesita das autorizacións sectoriais favorables e vinculantes de varias administracións Públicas, entre elas de Fomento.

 

Unha vez aprobado este Plan Especial, o Concello poderá executar a obra e materializar o proxecto de urbanización e construcción do novo Vial.

compartir

axenda