NovasIr a esta sección

DOAZON DE SANGUE. 24 de xuño de 2021
Data de publicación: 21 de xuño de 2021

A Unidade Móbil de Doazón de Sangue desprazarase este xoves ata A Cañiza.

Estará estacionado fronte ao Edificio Gran Sol de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 21h00.

O número de teléfono para solicitar cita previa é o 900 100 828 ( número gratuito)

Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kilos solo precisas de 10 minutos da túa Vida para salvar a de outros!!!.
pide cita:
 
 
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos  é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia.
 
Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.
 
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.
 
Na situación actual, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para graduar a afluencia de doadores, evitando esperas.
 
 
 
compartir

axenda