NovasIr a esta sección

Concentración silenciosa diante do Concello contra a Violencia
Data de publicación: 05 de xullo de 2021
En repulsa polo cruel homicidio de SAMUEL, asesinado na cidade da Coruña na madrugada deste sábado   Dende A Cañiza queremos acompañar á familia e amigos nestes duros momentos e expresarlle o noso máis sentido pésame.

 

LUNS 5 DE XULLO DE 2021,

DIANTE DA CASA CONSISTORIAL

ÁS 20h
 

O Concello da Cañiza súmase aos actos convocados hoxe nos pobos e cidades galegas en repulsa pola morte do mozo de 24 anos, Samuel, natural de Culleredo, falecido na madrugada deste sábado na coruña, víctima dun cruel homicidio.

Dende A Cañiza queremos acompañar á familia e amigos nestes duros momentos e expresarlle o noso máis sentido pésame.

  

O ALCALDE DA CAÑIZA

Luis Antonio Gómez Piña

compartir

axenda