NovasIr a esta sección

Concello, Xunta e Ecoembes colaboran no proxecto de reciclaxe de envases HORECO para a Hostelería
Data de publicación: 12 de abril de 2021

Segundo explicou hoxe o Alcalde Luis Piña,  o Concello, a Xunta de Galicia e Ecoembes, organización sen ánimo de lucro que fomenta a economía circular en España pola vía da recuperación de envases, poñen en marcha esta semana un proxecto de reciclaxe dirixido á hostelería a través da canle HORECA (Hoteis, restaurantes e cafeterías).

  • Ten como obxectivo cubrir as necesidades deste sector en materia de reciclaxe de envases.

 

 

O proxecto ten como prioridade favorecer a recollida selectiva de envases lixeiros noutros ámbitos novos, neste caso na hostalería, pequenos bares ou cafeterías da contorna urbana e cubrir as necesidades destes establecementos en materia de reciclaxe xa que o volumen que xeran é bastante elevado.

O proxecto articúlase en diferentes fases. En primeiro lugar, realizaranse visitas aos locais para informarlles sobre o funcionamento e os beneficios da iniciativa.

Durante estas visitas, rexistraranse as necesidades de cada establecemento en materia de reciclaxe, como o número de cubos que precisan para facer unha separación adecuada dos materiais ou os inconvenientes que atopan para reciclar, entre outras cuestións.

Unha vez adheridos, ambas  entidades xestionarán os cubos necesarios que, posteriormente, entregaranse aos establecementos. Tamén se revisarán os contedores que están a pé de rúa corroborando a súa localización e que cumpren coas características idóneas para facilitar o depósito dos residuos que foron separados previamente.

Tras a repartición, realizaranse formacións dirixidas aos profesionais dos locais que participen no proxecto co obxectivo de que coñezan a forma máis adecuada de facer unha correcta separación de desfeitos.

Ademais, facilitaranse diferentes materiais de consulta con toda a información detallada sobre reciclaxe e entregarase a cada local un selo que acredite a súa participación na iniciativa. Durante o proceso realizarase un seguimento para coñecer como se está desenvolvendo o proxecto en cada establecemento e para determinar puntos de mellora.

compartir

axenda