NovasIr a esta sección

BRIGADA DE INCENDIOS VERÁN 2021
Data de publicación: 27 de maio de 2021

Onte publícouse no BOP nº 98 o anuncio de convocatoria de contratación da brigada de prevención e defensa contra incendios do Concello da Cañiza para a tempada de verán 2021.

 

A partires de hoxe todos os aspirantes que cumpran os requisitos poderán presentar a documentación para participar no proceso selectivo segundo as Bases que se poden  consultar no Taboleiro de Anuncios  do Concello e na Sede Electrónica con acceso a través da páxina web do Concello: http://caniza.sedelectronica.es/board

 

O pasado 12 de maio por Decreto de Alcaldía, se aprobaron as bases para a contratación dunha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios, composta por un Xefe de Brigada, un Peón Conductor e dous Peóns de Brigada. O persoal contratado por medio do procedemento de selección estará contratado por un período de tres meses a xornada completa.

 

O prazo de presentación  de solicitudes polos/as interesados/as é de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

 

As labores dos/as integrantes da brigada consistirán en:

1. Realización de tarefas de extinción e defensa contra os incendios forestais, integrándose a brigada no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal XVII Ponteareas, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos. 

2. Realización de labores de prevención que consistirán na roza, rareo e eliminación de restos. Desenvolverase en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ou superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos.

 

compartir

axenda