NovasIr a esta sección

BANDO. Apertura do Parque Central. Medidas COVID-19
Data de publicación: 01 de abril de 2021
Que o pasado martes 30 de marzo abriuse ao público o PARQUE CENTRAL DA CAÑIZA, por considerarse na última reunión da Comisión da COVID-19, celebrada no Concello o 29 de marzo, que as condicións sanitarias actuais neste Concello permitían esta apertura, ademais de coincidir co período vacacional de Semana Santa das nenas e nenos.    

BANDO 
 
O ALCALDE – PRESIDENTE, LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA
 
Por medio do presente bando FAI SABER:
 
Que o pasado martes 30 de marzo abriuse ao público o PARQUE CENTRAL DA CAÑIZA, por considerarse na última reunión da Comisión da COVID-19, celebrada no Concello o 29 de marzo, que as condicións sanitarias actuais neste Concello permitían esta apertura, ademais de coincidir co período vacacional de Semana Santa das nenas e nenos.
 
A este respecto lémbrase que para que o parque poida permanecer aberto é obrigatorio manter en todo momento a distancia de seguridade interpersoal e levar máscara, atendendo ao disposto no punto 3.13 da ORDE do 17 de marzo de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se establecen medidas de prevención específicas en Galicia para os parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.
 
Tamén queda prohibido fumar no recinto, o uso de bicicletas e similares e a entrada de animais.
 
Ademais apelase á veciñanza e usuarios do Parque, é responsabilidade de todos, para que 
cumpran as medidas e boas prácticas sanitarias, respectando os aforos, evitando aglomeracións e xuntanzas. Lémbrase que no núcleo hai outros espazos de esparcemento que tamén se poden utilizar.
 
Dende o Concello se solicita aos usuarios que velen en todo momento polo cumprimento destas medidas e se adopten as máximas cautelas POLO BEN DE TODOS e para que esta instalación poida continuar aberta ao público.
 
En caso de que aumenten os casos de COVID-19 no Municipio, este Concello pode verse obrigado a pechar o Parque.
 
A Cañiza a 1 de abril de 2021
 
 
 
Zona de los archivos adjuntos
 
 
 

 

compartir

axenda