NovasIr a esta sección

Ainda estás a tempo de darnos a túa opinión sobre o PMUS
Data de publicación: 30 de maio de 2021

Dende a Alcaldia recordamos que dende o 29/04/2021 está activa a enquisa sobre mobilidade na Cañiza que forma parte da  redacción do plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) e animamos a todas ás veciñas e veciños a expresar as súas opinións entrando neste enlace e contestando a un breve cuestionario.

Segundo manifestou Luis Piña o PMUS será “unha ferramenta imprescindible para deseñar A Cañiza do futuro no tocante a humanizacións e viais e servirá para adaptala ás novas directrices europeas basadas na planificación dunha mobilidade máis eficiente e un territorio máis atractivo para vivir e con maior calidade de vida

 

Por iso as opinións dos nosos cidadáns contan e axudarán a crear un documento máis real e completo. 

 

Pedimos a vosa colaboración e poñemos á vosa disposición o enlace para acceder a esta enquisa:

 https://www.cognitoforms.com/MoveTrans1/EnquisaDeMobilidadeACa%C3%B1iza

compartir

axenda