NovasIr a esta sección

Apertura do Parque Central da Cañiza
Data de publicación: 30 de marzo de 2021

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, informa que hoxe, 30 de marzo, a partires das 15h abrirá ao público o Parque Central da Cañiza que terá provisionalmente e debido ás circunstancias derivadas da crise sanitaria ocasionada pola Pandemia da enfermidade COVID-19 un aforo máximo reducido de 200 persoas e un horario de apertura de 10:00 a 22:00h.

Despois de permanecer pechado por coincidir coa Pandemia, na última reunión da Comisión da COVID-19, celebrada no Concello o pasado luns 29 de marzo, e tras a consulta do Alcalde Luis Piña aos membros da Comisión da posibilidade de apertura, se adopta a decisión de abrir o parque porque as condicións sanitarias actuáis neste Concello o permiten, ademáis de coincidir co período vacacional de Semana Santa das nenas e nenos.

Para que o parque poida permanecer aberto é obrigatorio manter en todo momento a distancia de seguridade interpersoal e levar máscara, atendendo ao disposto  no punto 3.13 da ORDE do 17 de marzo de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se establecen medidas de prevención específicas en Galicia para os parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Tamén queda prohibido fumar no recinto, o uso de bicicletas e similares e a entrada de animáis.

Dende o Concello se solicita aos usuarios que velen polo cumprimento destas medidas e se adopten as máximas cautelas POLO BEN DE TODOS.

 

 

 

compartir

axenda