NovasIr a esta sección

Andaina do VERÁN DE LECER. Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e do Deva
Data de publicación: 14 de xullo de 2021

Domingo 18 de xullo de 2021, Andaina Circular de 6.7 Km 

Continuando coa nosa  programación do "Verán de lecer 2021", o Concello da Cañiza ofrece, este domingo 18 de xullo,  unha andaina circular para toda a familia.

O punto de reunión e saída será no lugar da Ponte- Praia fluvial de Parada (Parroquia de Parada-A Cañiza) ás 11 h.

Tedes que facer a vosa preinscrición na Biblioteca Municipal da Cañiza- Telef: 986 66 30 69.

DOMINGO 18 DE XULLO ANDAINA CIRCULAR 6,7KM NO "SENDEIRO DAS FRAGAS E LEVADAS DO CALVO E DEVA"

 

PREMIO DUNHA NOITE PARA DÚAS PERSOAS NA CASA VILAMIDE A PUBLICACIÓN DE FOTOS DA ANDAINA NO FACEBBOK CON MAIS LINKS 

 

Continuando coa nosa  programación do "Verán de lecer 2021", o Concello da Cañiza ofrece, este domingo 18 de xullo,  unha andaina circular para toda a familia.

 

 

Protocolo COVID:

-Na saída organizaranse grupos dun máximo de 15 persoas.

-É obrigatorio o uso de máscara durante o percorrido.

 

A publicación de fotos da andaina no Facebook que obteña o maior número de links ata ás 12 h do vindeiro domingo 25 de xullo de 2021, será premiada cunha noite para dúas persoas (segundo dispoñibilidade) na CASA VILAMIDE, na parroquia de Parada (www.casavilamide.com).

 

As publicacións deberán conter estes tres hashtag: 

#SendeirosdaCañiza

#ACañizaFermosa

#FragaseLevadasdoCalvoeDeva

 

compartir

axenda