NovasIr a esta sección

Andaina do 18 de xullo polas paraxes de Parada e do río Calvo e Deva
Data de publicación: 18 de xullo de 2021

ANDAINA CIRCULAR NO "SENDEIRO DAS FRAGAS E LEVADAS DO CALVO E DEVA"

Cunha boa acollida de participación, esta mañá disfrutamos dunha andaina duns 8 km na parte baixa da parroquia de Parada. Con punto de partida e chegada na Praia fluvial de Parada (A Ponte)

pasamos por lugares como Ponte-Parada, O Cruceiro, Igrexa parroquial, Feirón, Torgo, Coto, Cachete e Cruceiro da Balsada (Pintelos - Valeixe), varios km o carón do rio Deva, Poldras, As Caldas, Fial, Lameira, Costiña, Lameira e A Ponte. As fotos falan por si mesmas, espectacular! 
 
Agradecer a colaboración de Frutas Carlos pola donación de fruta e a CASA VILAMIDE (www.casavilamide.com) polo premio dunha noite para duas persoas. 
 
#SendeirosdaCañiza
#ACañizaFermosa
#FragaseLevadasdoCalvoeDeva
 

 

 

 

 

 

 

 

compartir

axenda