NovasIr a esta sección

A Cañiza acolleu este sábado a III edición da BTT-XCO Concello da Cañiza
Data de publicación: 26 de abril de 2021

Primeiro evento deportivo da BTT galega neste 2021.

Todo un éxito de organización coa participación de 240 ciclistas.

 

Este sábado regresou o BTT galego na Cañiza, despois de máis dun ano sen competicións debido ás medidas e a situación xerada pola COVID 19. No emblemático lugar das Augas Férreas celebrouse o III Trofeo BTT-XCO Concello da Cañiza organizado polo clube ciclista Grupeta Pan de Zarko A Cañiza en colaboración co Concello.

 

 

A proba cañicense desenvolveuse con todas as garantías e medidas sanitarias, entre elas a presentación por parte dos ciclistas dun test negativo de covid-19.

 

Este primeiro evento deportivo do ano foi todo un éxito de organización e conseguiu congregar a 240 ciclistas atraídos tamén polo circuito das Augas Férreas que se caracteriza polos pronunciados desniveis do percorrido.

 

O Alcalde tivo a honra de dar a saída de cada unha das modalidades, así como de estar presente na entrega dos premios, acompañado da 1ª tenente de alcalde, Maria José Rodriguez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o presidente da Grupeta, Tito Ramiréz e o dono da empresa ABELMAR, Abelardo Otero.

 

 

Luis Piña agradeceu a participación de todos os corredores e destacou as vitorias de Iván Feijoo e Lara Lois. Agradeceu tamén a colaboración das comunidades de montes de Petán, Achas e Cañiza, a axuda organizativa de Protección Civil de Ponteareas, Soutomaior e Vigo, da Garda Civil da Cañiza, da Policía Local e dos traballadores do Concello.

 

Ademáis mencionou e destacou o intenso traballo organizativo da proba, desenvolvido polo clube ciclista cañicense Grupeta Pan de Zarco A Cañiza., afincado no noso municipio desde este ano.

 

Por último o rexedor agradeceu as colaboracións co Concello da Cañiza para este evento deportivo de ABANCA da Cañiza e das empresas cañicenses SAEPLAST, Reciclaje de Plásticos A Cañiza, Galimetal SA y Sistemas de Carpintería para la Arquitectura, EFP BIOTEK, Transportes González e Queixos Castro Xaneiro.

compartir

axenda