Rutas

ler máis Os sendeiros de A Cañiza: unha Vila entre dúas montañas

Si a comunidade galega é terra de frondosos camiños, A Cañiza non se queda á zaga. Por ser zona de interior, lugar de paso, de tránsito desde a meseta ata o litoral, sempre contou con importantes viales que co paso do tempo, o progreso e o advenimiento das novas infraestructuras terrestres, que esixían acurtar distancias e eliminar accidentes orográficos no seu percorrido, relegaron a estes carreiros a un segundo plano, quedando na maioría dos casos cubertos polo esquecemento.

A Cañiza: un percorrido polos seus sendeiros

ler máis XANDAINAS RUTAS DE SENDEIRISMO

Descubre os sendeiros naturais e a gastronomia de A CAÑIZA

Organizado por Espazio Natura

A actividade inclúe guia especialista, bocadillo de xamón ou queixo, seguro de RC e moita natureza. 

A Xandaina é unha actividade que se desenvolve o 2º fin de semana do mes dende setembro a maio.

ler máis Sendeiro das Fragas e Levadas do río Calvo e do Deva

A Cañiza conta cun extraordinario tesouro paisaxístico que paga a pena percorrer. Un exemplo é este sendeiro na parroquia de Parada. Consulta a ruta e descubre cómo chegar.

ler máis RED NATURA. Espazo natural protexido

É unha rede de espazos naturais de alto valor ecolóxico a nivel europeo. Esta rede ten por obxetivo a de garantir a supervivencia, a longo prazo, das especies e  hábitats europeo máis valiosos e ameazados.

En Galicia forman parte desta rede 59 LICs (Lugares de importancia Comunitaria) e 14 ZEPAs (Zonas de especial proteción para as aves).

  O Concello de A Cañiza conta cun tramo duns 2 km de lonxitude, cuxos marxes están totalmente desbrozados e acondicionados para camiñar. Dende o límite de Crecente río arriba podes chegar ata a Ponte da Vía Romana de Noceifas, a xoia máis antiga do noso patrimonio arquitectónico.