Onte asistimos a unha nova charla educativa para as familias sobre «o establecemento de normas e límites»

O Alcalde presentou este luns 18 de marzo no CPI da Cañiza, unha nova charla impartida pola Asociación Érguete, enmarcada dentro da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas creada en xaneiro de 2023 polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e xestionada polo Concello da Cañiza como promotor.

O proxecto desta nova Unidade está formado por 6 programas diferentes dirixidos aos nenos e adolescentes e ás súas familias.

A charla á que asistimos onte é a 3ª que se imparte neste curso nos centros educativos da Cañiza. O establecemento de Normas e Límites, xunto cos obradoiros de uso e risco das TIC e dos videoxogos que se impartiron no CEIP de Valeixe o  12 de decembro e no CPI da Cañiza o 4 de marzo, forman parte do programa “Mais que un Teito”. Dirixido ás familias con fill@s en idade escolar co obxectivo de reducir os factores de risco e aumentar a protección presente nas familias fronte ao consumo de drogas e outras adiccións.

O establecemento de normas e límites pode ser un tema delicado nas familias.

Moitos pais e nais dubidan e non teñen claro cómo afrontar estas situacións con seus fillos e fillas. Por iso na charla de onte ofrecéronse ferramentas útiles para lograr unha relación familiar equilibrada e saudable, traballando a forma de establecer normas e límites na educación dos nosos fill@s e falando sobre diferentes modelos de educación familiar e as súas consecuencias.

Ademáis, segundo informou o Alcalde, outro dos programas en marcha da Unidade é o de “Saúde na Escola”, dirixido ao alumnado de educación primaria, para potenciar a autoestima, a capacidade de decisión, autonomía persoal e o autocoñecemento como medios para potenciar a resistencia á presión dos grupos. Estos obradoiros impartíronse tamén no CPI en 4 sesións formativas que remataron este 18 de marzo. 

Outro dos programas importantes é o dirixido ao alumnado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria.  As charlas do programa “Non pasa nada, Pasa algo” impartíronse neste curso 2023/2024 no 1º trimestre aos alumnos de 4º da ESO durante os días 15 e 22 de xaneiro e aos alumnos de FPB mantemento de vehículos  e de FPB  informática os días 24 e 29 de novembro de 2023. Aquí tratáronse temas como as definición e conceptos clave sobre adicións, alcohol, tabaco, bebidas enerxéticas, xénero, adolescencia, factores de risco e de protección, entre outros.

“Cambio de Sentido”, “Cine e Saúde” e “En Familia TODAS contan”, son os outros tres programas que completan o proxecto da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas

Un Servizo que entrou en funcionamento en marzo de 2023 para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.

As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas.

Cun investimento de 51.800,39€ para os catro anos, está cofinanciada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia  cunha axuda total de 42.476,32 €, tendo os Concellos que aportar un 18% que para A Cañiza ven sendo 4.410,28 €.

 

Onte asistimos a unha nova charla educativa para as familias sobre  «o establecemento de normas e límites»

 

Formación para as familias sobre o  «Establecemento de Normas e Límites» nos nenos