O Concello presenta a nova cartelería da 60ª edición da Festa – Feira Do Xamón. 15 de agosto de 2026

Alcalde Luis Piña, acompañado por todos os concelleiros do Equipo de Goberno, presentou esta mañá a nova cartelería conmemorativa da 60ª edición da Festa – Feira do Xamón, a cita gastronómica e festiva máis representativa do municipio, que se celebrará o vindeiro 15 de agosto.

Con motivo desta edición tan especial, o Concello apostou por unha renovación da imaxe gráfica da Festa, co obxectivo de poñer en valor o significado desta efeméride sen renunciar á identidade que caracterizou este evento ao longo da súa historia.

O novo cartel toma como punto de partida a imaxe da primeira edición da Festa – Feira do Xamón, que se ven mantendo dende o ano 1967, recuperando os seus elementos máis representativos e reinterpretándoos cunha linguaxe gráfica contemporánea. Esta actualización permite conservar a esencia e o valor histórico da cartelería orixinal, ao tempo que adapta a súa identidade visual ás actuais necesidades de comunicación e aos distintos soportes de difusión, tanto impresos como dixitais.

A proposta integra os elementos visuais máis icónicos da Festa, respectando as súas raíces e proxectándoas cunha estética renovada, moderna e próxima, pensada para conectar co público actual sen perder a identidade que converteu esta celebración nun referente gastronómico de Galicia.

Como principal novidade, a cartelería preséntase en catro versións diferentes, identificadas polas súas cores coral, verde, azul e amarelo. Trátase de catro pezas únicas e coleccionables, editadas nunha tirada limitada para conmemorar unha edición histórica.

Catro carteis exclusivos para unha edición histórica

Segundo destacou o Alcalde«non queriamos facer un cartel máis, senón crear unha proposta especial para celebrar os 60 anos da nosa Festa. Son catro pezas únicas, pensadas para que veciños e visitantes poidan coleccionalas e conservar un recordo desta edición tan significativa».

«A iniciativa busca converter a cartelería nun elemento vivo da celebración, fomentando a procura das distintas versións e o intercambio entre coleccionistas e asistentes, transformando a publicidade da Festa nun recordo emocional e irrepetible».

Con esta proposta, o Concello reforza a proxección institucional e promocional da Festa – Feira do Xamón nun ano especialmente simbólico, no que a celebración cumpre seis décadas de historia.

A nova cartelería acompañará toda a campaña de promoción da 60ª edición da Festa, que volverá converter A Caniza no referente gastronómico do xamón o próximo 15 de agosto, cun amplo programa de actividades .

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

Cartelería coleccionable da 60 edición da Festa - Feira do Xamón da Caniza.

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

Programación da 60 Festa - Feira do Xamón. 15 de agosto de 2026

 

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026

 

60 Feira do Xamón na Caniza. 15 de agosto de 2026