Torneo Concello da Caniza de Balonmán
A cita celebrarase este venres 28 de agosto no Pavillón Municipal da Caniza "O Polvorín", con dous encontros de balonmán
O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 coa celebración do Torneo Concello da Caniza de Balonmán, unha actividade organizada en colaboración co Club Balonmán Caniza, que terá lugar este venres, 28 de agosto, no Pavillón municipal, situado na zona do Carballo do Marco.
A proposta permitirá achegar o balonmán á veciñanza e desfrutar do deporte durante o período estival, coa participación de diferentes equipos ao longo da tarde.
A primeira cita será ás 19:00 horas, co encontro entre o Saepast Cañiza e o Disiclin Lalín. Ás 21:00 horas, o Helvetia Saepast Cañiza enfrontarase ao Samertolameu.
Animamos á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao balonmán a achegarse ata o Pavillón para desfrutar dos encontros e acompañar aos equipos participantes.
O Venres 28 de agosto, a partires das 19H