Taller de Manualidades con ANA GÓMEZ. Curso 2026/27

Data
to
Location
Casa de Cultura de A Caniza
Organiser
Concello de A Caniza
Formación

Este obradoiro ofrece a oportunidade de descubrir diferentes técnicas artísticas e manuais, traballando con materiais variados e explorando novos métodos de creación.

A actividade está pensada para fomentar a imaxinación, a destreza e a expresión persoal, ao tempo que se promove un espazo de aprendizaxe compartida.

Que aprenderás neste taller?

  • Pinturas en tela, vidro e cerámica, con técnicas decorativas que transforman obxectos en pezas únicas.
  • Elaboración de xabóns e velas artesanais, ideais tanto para uso persoal como para agasallos.
  • Traballos en estaño e outras novidades que se incorporarán ao longo do curso.
  • Restauración de manualidades, para darlles unha segunda vida a pezas antigas ou deterioradas.
  • Taller especial de Nadal (baixo reserva), no que se realizarán creacións temáticas para decorar ou regalar nestas datas.

Beneficios 

  • Desenvolver a creatividade e a capacidade artística.
  • Aprender técnicas variadas e adaptadas a todos os niveis.
  • Compartir experiencias nun ambiente participativo e enriquecedor.
  • Levar a casa creacións personalizadas feitas por ti mesmo/a.

Información 

  • Lugar: Casa da Cultura da Caniza
  • Día: Martes
  • Horario:  15:45 h a 17:45 h  - 18:00 h a 20:00 h
  • Inicio do curso: 5 de outubro de 2026

Inscricións e contacto

Para máis información e reservas:  Ana Gómez · 670 800 944

 

Horario

Comezo do curso o 5 de outubro de 2026

Impartición das clases: os martes 🕓 De 15:45 a 17:45 h e 🕕 De 18:00 a 20:00 h