Master Class de CORTE DE XAMÓN e CATA DE VIÑO

Data
to
Location
Rúa Oriente ( Casa Consistorial)
Organiser
Concello da Caniza - 60 Festa - Feira do Xamón da Caniza
Actividades

O Concello organiza a XI Cata Comentada de Xamón e Viños na antesala da 60ª Festa-Feira do Xamón

Unha das actividades gastronómicas máis agardadas da programación previa á 60ª Festa-Feira do Xamón.

O venres 14 de agosto, celebrarase a XI Cata Comentada de Xamón e Viños, unha experiencia gastronómica única que combina tradición, sabor e coñecemento, pensada para todas aquelas persoas que desexen afondar na cultura do xamón e dos viños da nosa terra.

Corte de Xamón:  coñeceremos as técnicas para conseguir un corte perfecto, aproveitar ao máximo cada peza e descubrir os criterios que distinguen a excelencia nesta arte. Ademais, realizaranse espectaculares emplatados artísticos co mellor xamón das terras da Caniza.

Cata de Viños:  aprenderemos a identificar aromas, matices e características dos viños brancos e tintos da nosa comarca, así como as mellores combinacións para o seu maridaxe co xamón.

Condicións para participar

  • Actividade gratuíta, incluída na programación da 60ª Festa-Feira do Xamón.
  • Aforo limitado a 100 prazas.
  • As inscricións realizaranse o mesmo día, a partir das 18:00 horas, diante da Casa Consistorial, por rigorosa orde de chegada.
  • Cada persoa poderá inscribirse a si mesma e a un único acompañante.
  • Non poderán participar nin ocupar prazas as persoas menores de idade.

Unha cita para os sentidos

Se es amante da gastronomía e dos produtos de calidade, non perdas esta oportunidade de aprender, degustar e compartir o mellor da nosa terra.

 

Horario

Venres, 14 de agosto de 2026, a partir das 19h, na rúa Oriente ( diante da Casa Consistorial)