Festa dos maiores con merenda e música

Data
to
Location
Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza - Verán de Lecer 2026
Actividades

O Concello  pon o broche final á programación do Verán de Lecer 2026 coa celebración da Festa da Terceira Idade, unha xornada de encontro, convivencia e recoñecemento dedicada ás persoas maiores do municipio.

A cita terá lugar o domingo 6 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura, onde os asistentes poderán compartir unha tarde especialmente preparada para eles nun ambiente festivo e acolledor.

A celebración contará cunha merenda, na que non faltará o tradicional chocolate con biscoito, seguida dunha animada sesión de baile, para que todos os participantes poidan desfrutar dunha tarde de música, conversación e diversión.

A Festa da Terceira Idade é xa unha cita consolidada no calendario municipal e constitúe unha mostra do agradecemento e do recoñecemento do Concello ás persoas maiores, protagonistas fundamentais da historia e da vida social da Caniza.

A través deste encontro preténdese favorecer a convivencia, fortalecer os lazos entre veciños e ofrecer un espazo para compartir recordos, experiencias e momentos especiais.

 

Horario

Domingo 6 de setembro de 2026, a partir das 18h na Casa de Cultura da Caniza