O Concello continúa coa programación do "Verán de Lecer A Cañiza 2026" coa celebración da Festa da Bicicleta, unha actividade pensada para gozar do deporte ao aire libre en familia e fomentar hábitos de vida saudables.
A cita será o martes 4 de agosto, con saída e meta diante da Casa do Concello, na rúa Oriente, nº 11, ás 19:30 horas.
O percorrido, duns 10 quilómetros aproximadamente, discorrerá por un itinerario sinxelo e sen dificultade técnica, polo que está pensado para que persoas de todas as idades poidan participar e desfrutar dunha agradable tarde de ciclismo e convivencia.
Para participar será obrigatorio o uso de casco, así como levar peto reflectante, co obxectivo de garantir a seguridade de todos os asistentes.
Ao remate do percorrido o Concello realizará o sorteo dunha bicicleta entre todas as persoas inscritas. O número do dorsal será o que dará dereito a participar neste sorteo.
Actividade gratuíta!
O martes 4 de agosto, a partires das 19.30 horas, con saída dende a Casa Consistorial