Espectáculo infantil "A Cantar no Verán" para desfrutar en familia durante a Festa-Feira do Xamón

Data
to
Location
Rúa Oriente. a carón da Casa Consistorial
Organiser
Concello da Caniza. Verán de Lecer 2026
Actividades

O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 cunha proposta especialmente pensada para o público infantil e familiar:

o espectáculo "A Cantar no Verán", da compañía galega Animar-T,

unha das empresas de referencia en Galicia no ámbito da animación infantil, o teatro musical e os espectáculos participativos para concellos, centros educativos, asociacións e eventos familiares.

A actuación celebrarase o sábado 15 de agosto, ás 19:00 horas, na Rúa Oriente da Cañiza, ofrecendo unha tarde chea de música, baile, xogos e moita diversión, na que os nenos e nenas se converterán nos auténticos protagonistas do espectáculo.

"A Cantar no Verán" é unha proposta musical interactiva na que pequenos e maiores poderán cantar, bailar e participar activamente a través de coreografías, xogos musicais e cancións infantís, fomentando a participación e o lecer compartido entre toda a familia. O obxectivo de Animar-T é crear experiencias dinámicas e inesquecibles nas que o público non só observa, senón que forma parte do espectáculo.

A compañía, con sede na provincia de Pontevedra, leva anos percorrendo Galicia organizando espectáculos, animacións musicais, pasarrúas, obradoiros, karaokes, festas da escuma e outras actividades para concellos e entidades, destacando pola calidade das súas producións e polo carácter participativo de todas as súas propostas.

Esta actividade, de acceso libre e gratuíto, forma parte da programación da 60ª Festa-Feira do Xamón da Cañiza, ampliando a oferta de lecer para que as familias poidan desfrutar dunha xornada festiva completa antes dos actos centrais da celebración.

 

Horario

Sábado 15 de agosto de 2026, ás 19h na rúa Oriente ( a carón da Casa Consistorial)