Curso escolar 2026/2027 da Escola Municipal de Teatro

Data
to
Location
Centro Escolar e Casa de Cultura
Organiser
Concello da Caniza
Formación

O Concello pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Teatro.

O obxectivo principal desta actividade é fomentar a creatividade, a expresión artística e o traballo en equipo a través da arte dramática.

O teatro convértese así nunha ferramenta educativa moi valiosa que contribúe ao desenvolvemento persoal, á comunicación e á confianza dos máis novos.

A Escola contará con tres grupos diferenciados por idades, para adaptar os contidos e a metodoloxía a cada etapa educativa:

  • Infantil
  • Primaria
  • Secundaria

Durante o curso, os participantes terán a oportunidade de aprender técnicas teatrais, improvisación, expresión corporal e oral, así como participar en pequenas representacións diante do público, compartindo o aprendido coas súas familias e coa comunidade.

Información e inscricións: Biblioteca Municipal.  Teléfono: 986 66 30 69

 

Horario

Os xoves pola tarde a partires do 1 de outubro. Consultar horarios na Biblioteca Municipal.  Teléfono: 986 66 30 69