Carreira & Andaina do Xamón. 1 de agosto na Caniza

Data
to
Location
Pistas do municipio de A Caniza
Organiser
Concello da Caniza en colaboración con Cronotec
Actividades

O Concello da Caniza abre as inscricións para a Carreira e Andaina do Xamón 2026

Dentro da programación do Verán de Lecer, o Concello organiza a Carreira e Andaina do Xamón, que terá lugar o vindeiro 1 de agosto. 

A xornada combinará deporte, natureza e promoción do territorio a través dun percorrido de 14 quilómetros, cun 80 % do trazado por sendas e pistas de terra e de baixa dificultade técnica.

 Andaina:  09:00 h (aberta a todos os públicos).
 Carreira:  10:00 h.

Prezos de inscrición:
• Carreira: 10 €
• Andaina: 6 €

As inscricións permanecerán abertas a través de Cronotec ata o 28 de xullo ás 22:00 horas.
Recoméndase o uso de calzado de trail ou montaña, así como levar hidratación e protección solar para gozar da proba nas mellores condicións.

Máis información e inscricións en Cronotec. Consulta aquí o Regulamento da proba.

Horario

o sábado 1 de agosto de 2026.