Aulas preparatorias CELGA 2026 /2027 na Caniza
Que é o CELGA?
O CELGA (Certificado de Estudos de Lingua Galega) é unha proba oficial de avaliación do idioma galego.
Está adaptada ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e é un requisito imprescindible se queres optar a un posto de traballo en calquera das administracións públicas galegas.
Niveis dispoñibles
A preparación abrangue todos os niveis:
- CELGA 1
- CELGA 2
- CELGA 3
- CELGA 4
- CELGA 5
- Ademais, tamén se inclúen as validacións de estudos de galego.
Preparación en A Caniza
O Concello, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, ofrece aulas preparatorias para estas probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Lugar: 1º Andar da Casa da Cultura da Caniza (Aula CeMIT)
Datas: Todos os xoves
Horario: de 17:00 a 19:00 h
Prezo: Formación GRATUÍTA
Inicio: 1 de outubro de 2026
Información e inscrición
Biblioteca Municipal.
Teléfono: 986 66 30 69
Actividade puntuable para oposicións.
Todos os xoves, en horario de 17:00 a 19:00 h, no aula CeMit da Casa de Cultura.
Inicio do curso: 1 de outubro.