O Concello presenta unha nova proposta dirixida ás persoas amantes do sendeirismo, do patrimonio e da natureza.
O domingo 6 de setembro celebrarase unha nova edición da andaina "Camiño entre Abadías", que percorrerá o treito comprendido entre A Caniza e Melón (Ourense)
A saída está prevista para as 9:30 horas dende a Casa do Concello da Caniza, para completar un percorrido de aproximadamente 9 quilómetros por un dos itinerarios históricos máis singulares do territorio.
Esta ruta forma parte do Camiño Real entre Abadías, un trazado que une as provincias de Pontevedra e Ourense, así como os concellos da Caniza e Melón, seguindo un antigo camiño con preto de 800 anos de historia.
Ao longo do percorrido, as persoas participantes poderán descubrir espazos de gran valor patrimonial e paisaxístico, camiñando por un itinerario que comunica dous históricos mosteiros e que constitúe un importante legado cultural e natural.
A andaina enmárcase dentro da programación do Verán de Lecer 2026.
O 6 de setembro de 2026, a partires das 9:30h, con saída dende a Casa Consistorial do Concello da Caniza polo sendeiro ata o término municipal de Melón (Ourense)