AloxamentoIr a esta sección

Vivienda Turística A Pampla en O Torgo- Parada

Trátase dunha vivenda de aluguer xunto ao viñedo de O Torgo, na parroquia de Parada.

Nesta pequena casiña pódese gozar de espectaculares vistas dos vales dos ríos Deva e Miño desde a ampla fiestra orientada cara ao sureste. Pero tamén se pode pasar unha tranquila tarde de lectura, descansar, preparar o paseo do día...

A casa está dividida en dúas plantas: na superior, totalmente aberta, atópase a sala cun sofá cama e a pequena cociña; na inferior está o dormitorio, cálido no inverno e fresco no verán, tamén con vistas cara ao val, e un baño con ducha.

A Pampla está pensada para aloxar con toda comodidade a dúas persoas, e para que os seus hóspedes poidan vir acompañados das súas mascotas.

Pódese consultar a disponibilidade ou realizar reservas a través de  http://www.torgo.es

ou do teléfono 34+ 629 78 42 45.

 

   A casiña A Pampla é un só espazo distribuído en dúas plantas con todo o necesario para unha estancia independente e agradable. É unha pequena e antiga vivenda de pedra respetuosamente restaurada, situada xusto á beira dun belo viñedo familiar onde se producen uvas de albariño, loureira e treixadura, a tradicional combinación de viño branco do condado, con resultados especialmente elegantes no Torgo.

As vistas ao val dos ríos Deva e Miño ofrecen espectáculos de néboas rápidas pola mañá e de noites estreladas, nunha bela paisaxe aberta e amplo que sorprende a quen cruzan por primeira vez os densos bosques que rodean a sinuosa estrada que nos comunica coa autovía A-52.

Os veráns asollados do sur de Galicia, os coloridos outonos e primaveras e os suaves invernos fan da Pampla un lugar en grao sumo apetecible durante todo o ano.


Fala Inglés, Portugués, Galego, Español

teléfono de contacto: (0034) 629784245
http://www.torgo.es

 


Características

  • Exterior: Xardín, Mobles de xardín, Zona de aparcamiento.
  • Interior: Lavadora, Calefacción, Comedor, Cociña, Biblioteca, Sala de estar.
  • Servizos: Acceso internet, Admite animais, Sérvense almorzos, Bicicleta dispoñible, Documentación sobre a zona, WiFi gratis.
  • Situación: Acceso asfaltado, Illada, Acceso en transporte público, Zona de baño interior (ríos, embalses, etc.).


Actividades


  • Terra: Recolleita de setas, Rutas dacabalo, Rutas gastronómicas, Senderismo - trekking, Enoturismo.
  • Auga: Piragüismo, Rafting.
  • Talleres: Cursos e talleres, Observación de fauna e flora.

    Os hóspedes da Pampla están no lugar perfecto para facer cursos de inmersión lingüística en inglés, portugués ou español, xa sexa en torno ao viño, a gastronomía ou a cultura local, ou de tipo xeral. O viñedo contiguo de Torgo ofrece actividades de enoturismo en varios idiomas: catas de viño, visitas ao viñedo, etc. Ademais, o Carreiro das Fragas e Levadas do río Calvo e do Deva, que nos rodea, é unha bellísima ruta para coñecer a nosa contorna.


http://www.torgo.es

https://www.facebook.com/apampla

compartir