ServizosIr a esta sección

Servizos de igualdade e benestar social

Servizos sociais e de atención primaria.

SERVIZOS SOCIAIS E DE ATENCIÓN PRIMARIA
Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – Baixo
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 652435
Fax: 986 651190
Horario de Atención de 9:30 a 13:30:
Días de atención: martes e xoves
Outros días solicitar cita previa chamando ao 986 65 24 35


Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos cañicenses.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.


Cóntase cos seguintes servicios:

  1.  PROXECTO DE INFORMACION - VALORACIÓN E ASESORAMENTO
  2.  PROGRAMA DE AXUDA A DOMICILIO
  3. SERVIZO DE CONVIVENCIA, DE PREVENCIÓN E DE INSERCIÓN SOCIAL
  4.  ATENCIÓN ESPECIALIZADA
  • Para os Menores
  • Para a Muller
  • Para os Maiores
  • Para persoas en desventaxa social
  • Para discapacitados
  • Para minorías étnicas e inmigración
  • Outros trámites
compartir

Formulario de solicitude de reparación de alumeado público
Abrir o formulario

Piscina municipal climatizada da Cañiza

Escola Infantil Municipal da Cañiza (0-3 anos)