ServizosIr a esta sección

Policía Local

O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.

Casa do Concello de A Cañiza
Rúa Oriente, nº 11 – baixo
36880 A CAÑIZA
e-mail: policia@caniza.org
Tel.: 986 651 000 – 986 651 001 – 639 334 900
Fax: 986 651 190


O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.

As súas funcións, que exercen dentro do termo municipal, son:

  • Auxiliar e protexer as persoas e bens.
  • Velar polo cumprimento das normas.
  • Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no casco urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación.
  • Protexer as autoridades da Corporación local e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
  • Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delictivos.
  • Vixiar os espacios públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado.
compartir

Formulario de solicitude de reparación de alumeado público
Abrir o formulario

Piscina municipal climatizada da Cañiza

Escola Infantil Municipal da Cañiza (0-3 anos)