ServizosIr a esta sección

Escola Infantil Municipal da Cañiza

A escola infantil municipal (EIM) é un centro de titularidade municipal, xestionado polo propio Concello de A Cañiza que escolariza a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal.

A escola infantil municipal (EIM) é un centro de titularidade municipal, xestionado polo propio Concello de A Cañiza que escolariza a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal.

Neste intre a EIM ten autorizadas 43 prazas escolares, distribuidas por tramos de idade do seguinte xeito: 1 Aula de 0-2 anos con capacidade para 10 nenos, 1 Aula de 1-2 anos con capacidade para 13 nenos e 1 Aula de 2-3 anos con capacidade para 20 nenos.

A escola ten un horario continuo de 8:00 horas a 19:00 horas e ao longo do mesmo, os/as nenos/as permanecerán un mínimo de 4 horas e un máximo de 8 horas


A quén está dirixido

  • Ao neno/a que teña a súa residencia en A Cañiza e teña nacido no momento de presentar a solicitude.
  • Ao neno/a que teña unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2010.
  • Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude


Cómo facelo: Presencialmente

As persoas interesadas poderán solicitar unha praza a través do impreso de solicitude que permitirá a renovación ou novo ingreso.

Pódese solicitar praza na das Escola Infantil Municipal (EIM).

O modelo normalizado de solicitude, pode ser recollido no Servizo Municipal Atención Primaria do Concello de A Cañiza, na propia EIM ou ser descargado nesta mesma páxina.

A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido, mediante o que se avalían factores socioeconómicos, familiares e laborais da unidade familiar.

Non se valorarán as circunstancias puntuables que non se acrediten no momento de presentación da solicitude

Modelo normalizado de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para a anualidade



Enderezo
Escola Infantil Municipal de A Cañiza
rúa Vilanova, s/n
36880 A CAÑIZA
Tel: 986 652 3 24

Oficinas
Servicio de Atención Primaria do Concello de A Cañiza
rúa Oriente, nº 11 – baixo
36880 A CAÑIZA
Teléfonos: 986 651 000
Horario: De 9:00 a 13:30 horas



Normativa Municipal

Modelo normalizado de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para a anualidade de 2010 -2011
Inclue a documentación a presentar coa solicitude na segunda folla.
Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público polo servizo da Escola Infantil Municipal
Proxecto educativo da EIM de A Cañiza
Regulamento de Organización e funcionamento da EIM de A Cañiza
Plan de Actuación para casos de emerxencia da EIM de A Cañiza

compartir

Escola Infantil Municipal da Cañiza (0-3 anos)